Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun diseño e
artesanía de calidade superior e debe ser tratado con
coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar
a cobertura da garantía.
● Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a
humidade e tódolos tipos de líquidos poden conter
minerais que corroan os circuítos electrónicos. Se o
dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería
e agarde a que o dispositivo se seque completamente
antes de volver colocala.
● Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios
e poeirentos, xa que poderían producirse danos nas
súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
● Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As
temperaturas elevadas poden reducir a vida útil dos
dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar
ou derreter determinados plásticos.
● Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o
dispositivo regrese á súa temperatura normal, é posible
que se forme humidade no interior do mesmo e que se
produzan danos nas placas dos circuítos electrónicos.
● Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ó
indicado nesta guía.
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
54
● Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un
manexo brusco pode producir a rotura das placas dos
circuítos e do mecanismo interno.
● Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de
limpeza nin deterxentes concentrados para limpar o
dispositivo.
● Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas
móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
● Utilice un paño seco, suave e limpo para limpar os
obxectivos da cámara, do sensor de proximidade e do
sensor de luz.
● Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou
unha autorizada polo fabricante. A utilización de
antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
poden danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que
regula o uso de dispositivos de radio.
● Utilice os cargadores en lugares interiores.
● Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que
desexe manter, como os contactos e as notas do
calendario.
● Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter
un rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.
As suxestións indicadas a continuación, aplícanse
igualmente ó dispositivo, á batería, ó cargador ou a
calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona
Coidado e mantemento
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
55
correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico
autorizado máis próximo.