Como desfacerse da unidade
O símbolo da papeleira tachada no produto, na
documentación ou na embalaxe serve para
recordarlle que na Unión Europea tódolos produtos
eléctricos e electrónicos, as baterías e os
acumuladores deben entregarse nos sistemas de recollida
selectiva de residuos ó final da súa vida útil. Non se desfaga
deste produto do mesmo xeito que dos residuos
domésticos normais.
Deposite os produtos nos lugares destinados á súa
recollida para evitar posibles danos ó medio ambiente ou
á saúde humana debido a unha eliminación incontrolada
de residuos, e contribuír á reutilización sostible dos
recursos materiais. Se desexa obter información detallada
a este respecto, póñase en contacto co fornecedor do
produto, coa autoridade local na materia, con
organizacións de produción responsable a nivel nacional
ou co seu representante local de Nokia. Se desexa obter
máis información, consulte a declaración Eco do produto
ou a información específica de cada país na páxina web
www.nokia.com.
Coidado e mantemento
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
56
Información adicional sobre a
seguridade
Nenos
É posible que o dispositivo e os seus accesorios conteñan
pezas pequenas. Mantéñaos fóra do alcance dos nenos.
Entorno de funcionamento
Este dispositivo cumpre as directrices de exposición a RF
cando se usa nunha posición normal contra a orella ou
cando se coloca polo menos a 2,2 centímetros (7/8
polgadas) afastado do corpo. Cando se use un estoxo,
enganche para cinto ou soporte para o funcionamento do
dispositivo suxeito ao corpo, non deben conter metal e
debe colocar o dispositivo á distancia arriba indicada do
seu corpo.
Para transmitir arquivos de datos ou mensaxes, este
dispositivo precisa unha conexión de calidade á rede.
Nalgúns casos, a transmisión de arquivos de datos ou
mensaxes pode adiarse ata dispor dunha conexión.
Asegúrese de que as instruccións de distancia de
separación anteriores se cumpren ata finalizar a
transmisión.
Algunhas partes do dispositivo son magnéticas. O
dispositivo pode atraer materiais metálicos. Non coloque