Crear unha mensaxe de texto ou multimedia
1. Seleccione Menú > Mensaxes > Crear mensaxe >
Mensaxe.
2. Para engadir destinatarios, desprácese ata o campo
Para:, e escriba o número do destinatario ou o e-mail,
ou seleccione Engadir para seleccionar destinatarios
das opcións dispoñibles. Seleccione Opcións para
engadir destinatarios e asunto e para establecer as
opcións de envío.
3. Desprácese ata o campo Texto:, e escriba a mensaxe
de texto.
4. Para achegar un arquivo á mensaxe, desprácese ata a
barra de engadidos na parte inferior da pantalla e
seleccione o tipo de contidos desexados.
5. Para enviar unha mensaxe, prema Enviar.
O tipo de mensaxe indícase na parte superior da pantalla
e cambia automaticamente dependendo do contido da
mensaxe.
Os provedores de servizos poden facturar de forma
diferente dependendo do tipo de mensaxe. Comprobe co
seu provedor para máis detalles.
Enviar mensaxes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
27