a unha taxa.
Para ver as carpetas, seleccione Menú > Galería.
12. Soportes
Cámara e vídeo
O seu dispositivo soporta unha resolución de captura de
imaxes de ata 640 x 480 píxeles.
Tirar unha foto
Para usar a función fotografía, seleccione Menú >
Multimedia > Cámara, ou desprácese á dereita ou á
esquerda se está activada a función vídeo. Para capturar
unha imaxe, seleccione Capturar.
Para axustar a cámara en modo noite, para activar o
disparador automático ou captar imaxes en secuencia
rápida, seleccione Opcións e a opción desexada. Para
axustar o modo de previsualización e tempo, seleccione
Opcións > Axustes > Tempo de vista previa de
imaxes.
Gravar un videoclip
Para usar a función vídeo, seleccione Menú >
Multimedia > Cámara > Opcións > Vídeo ou
desprácese á dereita ou á esquerda se a cámara está
activada. Para comezar a gravación, seleccione Gravar.