Chamadas de emerxencia
Importante: Os teléfonos sen fíos, incluído este,
operan con sinais de radio, redes sen fíos, redes terrestres
Información adicional sobre a seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
61
e funcións programadas polo usuario. Debido a isto, non
se pode garantir que as conexións funcionen en tódalas
condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo
móbil para efectuar comunicacións importantes, como
urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que
a intensidade do sinal é a axeitada.
Pode que determinadas redes requiran que se insira no
teléfono unha tarxeta SIM axeitada.
2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar
a pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.
3. Insira o número de emerxencia oficial da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden variar
en cada localidade.
4. Prema a tecla Chamar.
Se está a utilizar determinadas funcións, é posible que
primeiro necesite desactivalas para poder realizar unha
chamada de emerxencia. Consulte esta guía ou ó seu
fornecedor de servizos para obter máis información.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda
a información necesaria do xeito máis preciso posible. É
posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio
de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a
chamada ata que reciba permiso para facelo.
Información adicional sobre a seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
62