INFORMACIÓN DE CERTIFICADO (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre as directrices de
exposición a ondas de radio.
O seu dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio.
Está deseñado para non superar os límites de exposición
ás ondas de radio recomendados polas directrices
internacionais. Estas directrices están desenvolvidas pola
organización científica independente ICNIRP e inclúen
marxes de seguridade deseñados para asegurar a
protección das persoas, independentemente da idade ou
estado de saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles
empregan unha unidade de medida coñecida como Índice
de Absorción Específico ou IAS. O límite IAS indicado nas
directrices ICNIRP é de 2,0 vatios/quilogramo (W/kg)
calculado sobre unha media de 10 gramos de tecido. As
probas para determinar o IAS realízanse usando posicións
de funcionamento estándar co dispositivo transmitindo ao
seu nivel de potencia certificada máxima en tódalas
bandas de frecuencia probadas. O nivel AIS actual para un
dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do
nivel máximo porque o dispositivo está deseñado para
usar só a potencia necesaria para chegar á rede. Esta
cantidade cambia dependendo do número de factores
como a distancia á que se atopa da estación base da rede.
Información adicional sobre a seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
63
O máximo valor IAS das directrices ICNIRP para usar o
dispositivo na orella é de 1,19 W/kg.
O feito de usar accesorios e melloras do dispositivo pode
supor valores de IAS diferentes. Os valores IAS poden variar
dependendo dos requisitos de proba e informes nacionais
e da banda da rede. Additional SAR information may be
provided under product information at www.nokia.com.
Información adicional sobre a seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
64