Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar ós sistemas
electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos
vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de
combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de
velocidade electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter
Información adicional sobre a seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
59
máis información, póñase en contacto co fabricante, ou un
representante deste, do vehículo ou dos equipos
instalados no mesmo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun
vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación
ou reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode
invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe
regularmente que todos os dispositivos inalámbricos do
vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non
almacene nin transporte líquidos inflamables, gases ou
materiais explosivos no mesmo compartimento que o
dispositivo, os seus compoñentes ou dispositivos. Nos
vehículos equipados con airbag, recorde que estes
despréganse con gran forza. Non coloque obxectos,
incluídos os equipos inalámbricos instalados ou portátis,
sobre o airbag ou na zona onde se desprega o airbag. Se o
equipo inalámbrico do vehículo se instala incorrectamente
e o airbag se desprega, é posible que se produzan lesións
graves.
Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha
aeronave. Apague o dispositivo antes de embarcar nun
voo. O uso de teledispositivos inalámbricos nunha
aeronave pode resultar perigoso para o funcionamento do
avión, interferir coa rede telefónica inalámbrica e pode ser
ilegal.
Información adicional sobre a seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
60