Información sobre a batería
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
49
Se a batería está completamente descargada, é posible que
teña que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na
pantalla.
Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi
deseñada. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas.
Non provoque un curtocircuíto na batería. É posible que se
produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto
metálico, coma unha moeda, un clip ou un bolígrafo
provoca un contacto directo dos terminais positivo (+) e
negativo (-) da batería. (Os terminais teñen o aspecto de
tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo,
cando transporta unha batería de reposto no peto ou no
bolso. Os curtocircuítos nos terminais poden danar a
batería ou o obxecto que realiza o contacto.
A capacidade e duración da batería verase reducida se a
garda en lugares cálidos ou fríos, coma nun coche pechado
no verán ou no inverno. Intente manter sempre a batería
a unha temperatura comprendida entre os 15ºC e os 25ºC.
É posible que un dispositivo coa batería quente ou fría non
funcione temporalmente, incluso se a batería está
totalmente cargada. O rendemento da batería é
especialmente limitado a temperaturas situadas por
debaixo de 0ºC.
Non bote as baterías ó lume, xa que poderían explotar. As
baterías tamén poden explotar se están danadas. Respecte
Información sobre a batería
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
50
as normativas locais no momento de desfacerse das
baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as
deposite en lugares destinados ós residuos domésticos.
Non desmonte nin descompoña o teléfono nin a batería.
No caso de que se produzan fugas na batería, evite que o
líquido entre en contacto coa pel ou os ollos. No caso de
que se produza a mencionada fuga, lave inmediatamente
a pel ou os ollos con auga ou solicite asistencia médica.