Instrucións de autenticación das
baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa
seguridade. Para asegurarse de que está a mercar unha
batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor
autorizado de Nokia, e leve a cabo os seguintes pasos para
comprobar se presenta a etiqueta co holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non garante
totalmente a autenticidade da batería. Se ten razóns para
pensar que a batería non é unha batería auténtica e
orixinal de Nokia, non a utilice e envíea a un distribuidor
ou ó centro de servizo técnico máis próximo de Nokia para
recibir asistencia. O distribuidor ou o centro de servizo
técnico autorizado de Nokia inspeccionará a batería para
determinar a súa autenticidade. En caso de que non sexa
posible, devolva a batería ó establecemento de compra.
Información sobre a batería
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
51