Acerca do seu dispositivo
O dispositivo sen fíos descrito no manual está aprobado
para un uso nas redes GSM 900 e 1800. Póñase en contacto
co seu provedor de servizos para obter máis información
sobre redes.
Cando empregue as funcións deste aparello, cumpra
tódalas leis e respecte os costumes locais, privacidade e
dereitos lexítimos dos demais, incluídos os dereitos de
autor.
A protección dos dereitos de autor pode evitar que
algunhas imaxes, música (incluídas as melodías), e outro
contido sexa copiado, modificado, transferido ou remitido.
Aviso: Para usar calquera función deste aparato,
diversa a alarma, o aparello debe estar acendido. Non
acenda o aparello cando o uso de dispositivos sen fíos
poida causar interferencias ou danos.