Axuda Nokia
Comprobe en www.nokia.com/support ou no seu sitio web
de Nokia se existe algunha versión actualizada deste
manual, información adicional, descargas e servizos
relacionados co seu produto Nokia.
Información xeral
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
14
Servizo de configuración de parámetros
Descargue gratuitamente opcións de configuración tales
como MMS, GPRS, e-mail e outros servizos para o seu
modelo de teléfono en www.nokia.com/support.
Servizo de atención ao cliente
Se necesita poñerse en contacto co servizo
de atención ao cliente, comprobe a lista de
centros de contacto locales de Nokia Care
en www.nokia.com/customerservice.
Mantemento
Para servizos de mantemento, comprobe o seu centro de
servizos Nokia máis próximo en www.nokia.com/repair.
2. Introdución
Instale a tarxeta SIM e a batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador
antes de extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente
ao raiala ou dobrala, polo que debe ter coidado cando
manipule, insira ou retire a tarxeta.