Códigos de acceso
O código de seguridade protexe o seu teléfono contra o seu
uso sen autorización.
O código PIN, subministrado coa tarxeta SIM, protexe a
tarxeta contra usos non autorizados. O código PIN2,
subministrado con algunhas tarxetas SIM, é necesario para
acceder a determinados servizos. Se insire o código PIN ou
PIN2 incorrectamente tres veces seguidas, pediráselle o
código PUK ou PUK2. Se non dispón deles, póñase en
contacto co seu provedor de servizo.
O módulo PIN é necesario para acceder á información no
módulo de seguridade da súa tarxeta SIM. O PIN de sinatura
pode ser necesario para a firma dixital. O código de
bloqueo é necesario cando se emprega un servizo de
bloqueo de chamadas.
Para configurar o uso de códigos de acceso e os axustes de
seguridade do seu teléfono, seleccione Menú >
Axustes > Seguridade.