Servizos de rede
Para usar o teléfono precisa o servicio dun provedor de
servizo sen fíos. Algunhas das funcións precisan
características de rede especiais. Estas funcións non están
dispoñibles en tódalas redes. Noutras redes deberá facer
axustes específicos co seu provedor de servizo antes de
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
12
poder usar os servizos de rede. O seu provedor de servizo
pode facilitarlle instruccións e explicarlle que gastos se
aplicarán. Algunhas redes poden ter limitacións que
afectan ao xeito en que usa os servizos de rede. Por
exemplo, algunhas redes non admiten tódolos servizos e
caracteres que dependen da linguaxe.
É probable que o seu provedor de servizo teña dehabilitado
u desactivado algunhas funcións no seu dispositivo. Nese
caso, estas funcións non aparecerán no menú do seu
dispositivo. O seu dispositivo tamén poder ter unha
configuarción especial como cambios en nomes de menús,
orde de menú e iconas. Póñase en contacto co seu provedor
de servizo se desexa ampliar a información.