Funcións sen a tarxeta SIM
Algunhas funcións do seu teléfono poden usarse sen
insertar unha tarxeta SIM, tales como funcións do
Organizador ou xogos. Algunhas funcións aparecen
atenuadas nos menús e non se poden usar.
3. Chamadas
Facer e responder unha chamada
Para facer unha chamada, insira o número de teléfono, co
código do país e da área se é necesario. Prema a tecla de
chamada para chamar ao número. Desprácese à dereita
para subir ou à esquerda para baixar o volume dos
auriculares durante a chamada.
Para responder a unha chamada, prema a tecla de
chamada. Para rexeitar unha chamada sen contestar,
prema a tecla rematar.
Altofalante
Se está dispoñible, pode seleccionar Altofal. ou Normal
para usar o altofalante ou os auriculares do teléfono
durante a chamada.
Aviso: Non suxeite o dispositivo preto do seu oído
co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un
nivel de volume extremadamente elevado.