Navegación polos menús
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
24
seleccione Menú > Opcións > Vista menú ppal. >
Lista ou Cuadrícula.
6. Enviar mensaxes
Pode ler, escribir, enviar e gardar e-mails e mensaxes de
texto, multimedia, audio e flash. Os servizos de mensaxería
so se poden usar se a súa rede ou provedor de servizos os
admite.
Mensaxes de texto e multimedia
Pode crear unha mensaxe e incluso adxuntar, por exemplo,
unha imaxe. O seu teléfono converte automaticamente
unha mensaxe de texto en mensaxe multimedia cando
adxunta un archivo.
Mensaxes de texto
O dispositivo admite o envío de mensaxes de texto de
lonxitude superior ao límite para as mensaxes simples. As
mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha
tarifa correspondente ao número de mensaxes enviadas.
Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación e
os caracteres correspondentes a determinados idiomas
ocupan máis espazo e limitan o número de caracteres que
é posible enviar nunha mensaxe.