Calendario e lista de tarefas
Seleccione Menú > Organizad. > Axenda. O día actual
está marcado. Se hai notas para ese día, o día aparece en
negriña.
Para facer unha nota no calendario, desprácese ata a data,
e seleccione Opcións > Facer unha nota.
Para ver as notas do día, seleccione Ver. Para borrar tódalas
notas do calendario, seleccione a vista do mes ou semana,
e Opcións > Borrar tod. notas.
Para ver a lista de tarefas, seleccione Menú >
Organizad. > Lista de tarefas. A lista de tarefas
visualízase e clasifícase por prioridade. Para engadir,
borrar ou enviar unha nota, para marcar unha nota como
Organizador
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
44
feita, ou clasificar a lista de tarefas por data límite,
seleccione Opcións.
15. Web
Pode acceder a varios servizos de Internet móbil co
navegador do teléfono. A aparencia pode variar por mor
do tamaño da pantalla. É probable que non poida ver
tódolos detalles das páxinas de Internet.
Importante: Utilice só servizos fiables e que
ofrezan seguridade e protección axeitada contra software
daniño.
Póñase en contacto co seu provedor de servizos para obter
máis información sobre a dispoñibilidade de diferentes
servizos, prezos e instruccións.
Pode recibir os axustes de configuración precisos para
navegar como unha mensaxe de configuración do
provedor do servizo.
Para axustar un servizo, seleccione Menú > Web >
Axustes > Axustes de configuración, e seleccione unha
configuración e unha conta.
Conectarse a un servizo
Para conectar cun servizo, seleccione Menú > Web >
Inicio; ou no modo de espera, prema e manteña 0.