Pola súa seguridade
Lea estas instrucións simples. Non respectalas pode
resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario completa
para obter máis información.
ACENDA O TELÉFONO SEN RISCOS
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso
de teléfonos inalámbricos estea prohibido ou
cando poida provocar interferencias ou resulte
perigoso.
A SEGURIDADE Ó VOLANTE É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as
mans libres para controlar o vehículo durante a
condución. A súa principal prioridade durante a
condución deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Tódolos dispositivos inalámbricos son
susceptibles de recibir interferencias, o que
pode afectar ó seu rendemento.
APAGUE O DISPOSITIVO NOS HOSPITAIS
Respecte as restricións. Apague o teléfono se se
atopa preto de equipos médicos.
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10
APAGUE O TELÉFONO NOS AVIÓNS
Respecte as restricións. Os dispositivos
inalámbricos poden causar interferencias nos
avións.
APAGUE O TELÉFONO NAS ESTACIÓNS DE
SERVIZO
Non utilice o teléfono en gasolineiras. Non o
utilice preto de combustibles ou produtos
químicos.
APAGUE O TELÉFONO PRETO DE MATERIAL
EXPLOSIVO
Respecte as restricións. Non utilice o dispositivo
onde se estean a realizar explosións.
SERVIZO TÉCNICO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado
por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice unicamente accesorios e baterías
autorizados. Non conecte produtos non
compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao
seco.
Pola súa seguridade
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11