8. Rexistro de chamadas
Para ver información sobre a súas chamadas, seleccione
Menú > Rexistro.
● Rexistro de chamadas — para ver unha orde
cronolóxica das chamadas perdidas e recibidas, así
como os números marcados recentemente
● Chamadas perdidas, Chamadas recibidas, ou
Números marcados — para información sobre as súas
chamadas recentes
● Destinatar. mensaxe — para ver os contactos aos que
enviou mensaxes recentemente
● Duración de chamada, Contador pa-quet. datos, ou
Temp. con. paq. datos — para ver información xeral
sobre as súas comunicacións recentes
● Rexistro de mensaxes, ou Rexistro sin-
cronización — para ver o número de mensaxes
recibidas e enviadas, ou sincronizacións
Rexistro de chamadas
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
33
Nota: É posible que a factura das chamadas e
servizos do seu fornecedor de servizos varíe, dependendo
das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos
impostos, etc.
9. Configuración
Perfís
O seu teléfono ten varios grupos de configuracións
chamados perfís, que poden personalizarse con tonos de
chamada para diferentes eventos e entornos.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado
e unha das seguintes opcións.
● Activar — para activar o perfil seleccionado
● Personalizar — para cambiar as opcións do perfil
● Temporizado — para configurar un perfil para ser
activo ata o tempo de fin. Cando acaba o tempo
establecido para o perfil, actívase o perfil anterior que
non caducou.
Tons
É posible cambiar a configuración de ton do perfil activo
seleccionado.
Seleccione Menú > Axustes > Tons. No menú Perfís
pode atoupar a mesma configuración.