servizos SIM
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
48
Para consultar a dispoñibilidade e a información sobre o
uso de servizos de tarxeta SIM, póñase en contacto co seu
fornecedor de tarxeta SIM. Este pode ser o fornecedor de
servizos ou outro fornecedor.
17. Información sobre a batería
Carga e descarga
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería
pode cargarse e descargarse centos de veces, pero
finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no
modo de espera e durante as conversas telefónicas se
reduza considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente
baterías autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente
con cargadores autorizados por Nokia deseñados para
utilizarse con este dispositivo.
Se está a utilizar unha batería de substitución por primeira
vez ou se a batería non se utilizou durante un período de
tempo prolongado, pode ser necesario conectar o
cargador, desconectalo e volvelo conectar para iniciar a
carga da batería.
Desconecte o cargador da toma de corrente e do
dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa que
o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se
utilizan, as baterías cargadas perden a súa carga co paso
do tempo.